25/02/2024
Interesante info
A 4ª etapa de O Gran Camiño Cycling sairá mañá ás 10.45 h dende Ponteareas.
Pasará por Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Pontecaldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaio, Redondela, Mos, O Porriño, Gondomar e Tui.
Ao termo municipal de Tui entrará dende Mosende (hora estimada 13.50-14.10 h) para pasar por Ribadelouro, a estrada de Rebordáns, Avenida da Concordia, Corredoira, rúa Colón, Circos, Frinxo e a liña de meta no cumio do Aloia. Na 2ª volta volverán a ir até Mosende para repetir percorrido até chegar á meta no cumio do Aloia.