Llamar Página web Contactar con la empresa

Vieiros Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Vieiros, Servicio de transporte, Costa de San Marcos, 3, Santiago de Compostela.

UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS
En prol da unidade de acción e dignificación do sector, a eficaz defensa dos seus lexítimos intereses e a súa modernización en sintonía coas novas necesidades loxísticas da economía galega Logo de varios meses de conversas, un grupo representativo de transportistas galegos procedentes das distintas provincias e comarcas de Galicia reuniuse o 22 de xuño de 2024 nas aforas de Santiago de Compostela para constituír formalmente VIEIROS UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS, a nova asociación das pemes e autónomos de Galicia que realizan transporte por conta propia e cos seus propios medios que, no contexto actual, nace no seo do sector para impulsar a defensa dos seus lexítimos intereses profesionais desde as seguintes coordenadas:
- A defensa da libre competencia como base para a xeración de riqueza mediante a rendabilidade desta actividade económica construída desde a profesionalización, a innovación, a harmonización fiscal e sociolaboral e unha sustentabilidade realista.
- A denuncia e combate con firmeza das prácticas de competencia desleal no sector.
- A modernización do sector en todos os seus ámbitos é a receita para enfrontar do xeito máis solvente os novos retos e desafíos que esixe a economía e a loxística do presente e futuro, e isto só é posible achegando novas ideas e novos referentes.
- A dignificación do sector e dos seus profesionais cuxa actividade é esencial para o bo funcionamento da economía e a sociedade do benestar.
- A rendabilidade das pemes e autónomos do transporte debe sustentarse na profesionalización, a innovación, a harmonización fiscal e sociolaboral e unha sustentabilidade viable no horizonte do 2030, no seo dun marco tributario razoable e contido no tempo e unhas infraestruturas modernas e adaptadas ás necesidades dos vehículos e dos profesionais do sector. Así mesmo, VIEIROS aposta decididamente pola unidade de acción das organizacións do sector que teñan como principio primordial a defensa dos intereses dos pequenos transportistas galegos como mellor garantía de facermos máis eficaces as nosas demandas, reivindicacións e actuacións.

🎉 VIEIROS crea NSeis I Deca📲 A aplicación máis intuitiva adaptada ás nececidades dos pequenos transportistas para crear,...
30/09/2026

🎉 VIEIROS crea NSeis I Deca
📲 A aplicación máis intuitiva adaptada ás nececidades dos pequenos transportistas para crear, compartir, importar, modificar, custodiar e anular o documento electrónico de control, obrigatorio a partir de 5 Outubro.
🛜 Solicita claves de acceso e próbaa sen compromiso ata 15 Outubro
🔗 Ampliar info: https://vieiros.gal/nseis/
🔗 Todo sobre NSeis: https://nseis.gal/

📝  WEBINAR:  DeCA GESRUTA Presentación por videoconferencia do módulo para a xeración do documento de control electrónic...
17/09/2026

📝 WEBINAR: DeCA GESRUTA
Presentación por videoconferencia do módulo para a xeración do documento de control electrónico (DeCA) de GesRuta-Lolo integrado no seu software de xestión de transporte.
📆 Mércores 23 Setembro 13:00 - 14:00 h.
🚦 Imprescindible para os transportistas que traballan coa aplicación GesRuta-Lolo.
🔗 Solicita enlace á xornada: [email protected]

📢 AVISO PORTUGAL: CAMBIOS PORTO CIRCUNVALACIÓN📅 A partir de 15 de setembro a circulación de vehículos pesados de transpo...
15/09/2026

📢 AVISO PORTUGAL: CAMBIOS PORTO CIRCUNVALACIÓN
📅 A partir de 15 de setembro a circulación de vehículos pesados de transporte mercadorias na Via de Cintura Interna do Porto (VCI) ficará condicionada nos días laborables entre as 07:00 e as 21:00h.

⛔ QUE PESADOS ESTÁN AFECTADOS?
A restricción aplícase a vehículos de mercadorías de MMA superior a 3.500 kg, de 3 ou mais eixos e altura igual ou superior a 1,1 metros, medida na vertical do primeiro eixo.

🛣️ CAL É A ALTERNATIVA?
A alternativa recomendada polas autoridades portugueses é a Circular Regional Externa do Porto (CREP) / Vía de Cintura Externa (VCE) – A41/IC24.
💰 Desde o 1 de xaneiro, a exención de peaxe para os vehículos incluídos nesta medida está vixente as 24 horas do día.

📦 EXCEPCIÓN: CARGAS E DESCARGAS NO PORTO E EN GAIA
🚨 Os vehículos afectados pola restrición si poderán circular na VCI a calquera hora cando teñan como orixe ou destino os municipios do Porto ou de Vila Nova de Gaia, para operacións de carga ou descarga de mercadorías.
⚠️ Agora ben, é preciso cumprir coa seguinte condición: estar previamente habilitado a través dun rexisto na plataforma dixital (aínda en proceso de creación) que facilitarán polos municipios do Porto e de Vila Nova de Gaia.
🔗 Recoméndase consultar as webs de ambas cámaras municipais para coñecer a operatividade de dita plataforma en www.porto.pt e www.cm-gaia.pt
📝 Esta habilitación debe ser obtida para cada movemento de transporte, antes de circular na VCI durante o período suxeito á restrición.

🚦 ATENCIÓN Á SINALIZACIÓN!
Nas entradas da VCI xa se encontra instalada sinalización vertical, incluíndo o sinal C3d, acompañada de paneis adicionais coas indicacións:
🚫 “Exceto veículos autorizados”
🕖 “Dias úteis, das 07h às 21h”
Esta sinalización será aínda complementada con paneis informativos nos principais accesos á VCI e, de ser necesario, con marcas no mesmo pavimento.

📞 DIFICULDADES COA PLATAFORMA?
En caso de ter problemas técnicos coa plataforma:
☎️ Liña Porto: (+351) 220 100 220
✉️ [email protected]

👏⛽️ No actual escenario de escalada do prezo do combustible, Fenadismer recorda unha vez máis aos transportistas a neces...
07/09/2026

👏⛽️ No actual escenario de escalada do prezo do combustible, Fenadismer recorda unha vez máis aos transportistas a necesidade imperiosa de indexar na factura de transporte a cláusula obrigatoria do diésel.

Fenadismer informa: el precio del gasóleo se dispara un 40,7% desde enero y obliga a los transportistas a aplicar la cláusula de indexación en sus facturas   Los datos oficiales publicados por el Ministerio de Transportes confirman una escalada ininterrumpida del combustible entre el 1 de enero ...

📝 XORNADA TÉCNICA DeCA SANTIAGO  📆 12 Setembro ás 10:00h.  🔹Todo o que precisas saber sobre o documento de control elect...
07/09/2026

📝 XORNADA TÉCNICA DeCA SANTIAGO
📆 12 Setembro ás 10:00h.
🔹Todo o que precisas saber sobre o documento de control electrónico (DeCA), obrigatorio a partir de 5 Outubro
🔹Aprende a crear, compartir e custodiar DeCAs.
🔗 Toda a info en https://vieiros.gal/deca/

🛑 ÚLTIMA HORA I GASÓLEO SETEMBRO 2026⛽️ Cambios relevantes no imposto de hidrocarburos e na axuda aos transportistas par...
31/08/2026

🛑 ÚLTIMA HORA I GASÓLEO SETEMBRO 2026
⛽️ Cambios relevantes no imposto de hidrocarburos e na axuda aos transportistas para o mes de setembro derivados do repunte do prezo do carburante nas últimas semanas.
🔗 Toda a info: https://vieiros.gal/gasoil-set26/

27/08/2026

Dirección

Costa De San Marcos, 3
Santiago De Compostela
15820

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Teléfono

+34881243859

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Vieiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Vieiros:

Atajos

Compartir