04/07/2025
Actualización [04/07/25 ás 12.51 horas]
📣 Informámosvos de que Lola xa apareceu. Foi localizada no monte e rescatada polo helicóptero de salvamento.
A veciña está en perfecto estado e atópase xa coa súa familia 👏🏼.
🤝🏻 Desde o Concello de Padernequeremos darlles as grazas a todos os veciños e veciñas pola súa colaboración e implicación para dar co seu paradoiro.
Así mesmo, queremos agradecer o traballo dos servizos de emerxencias 🚒, do Concello de Betanzose de Protección Civil, cuxo labor foi esencial para localizala.
_______________________________________________________________
Aviso! 📣
🙏🏼 Solicítase a colaboración cidadá para localizar a Lola, unha veciña de Velouzás que leva desaparecida desde onte á tarde.
ℹ️ Ía vestida cunha camisa branca, chaleco azul, levaba bolsas da compra e unha carpeta con papeis.
Se tedes algunha información sobre o seu paradoiro, chamade ao 📞 112.